¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

04/12/2014
A resolución do 27 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidde Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Convócase o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
  1. Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas
  2. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas
  3. Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas
  4. Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
  5. Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
  6. Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
  7. Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas.
  8. Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
  9. Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas.

Puntos de información:
  • Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia
  • Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Nos cetnros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Traballo e Benestar
  • Na Fundación Galega da Formación para o Traballo
  • No Instituto Galego das Cualificacións.
Prazo:
  • 30 días naturais contados a partir do seguint ao da publicación no DOG, para as unidades de competencia de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, socorrismo en espazos acuáticos naturais, socorrismo en instalacións acuáticas e información xuvenil.
  • Dende o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015: para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) e transporte sanitario (SAN025_2)
Máis info

 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>