¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

PRACTICUM DEPO 2015: PRÁCTICAS LABORAIS EN EUROPA PARA MOZOS RECÉN TITULADOS DE CICLOS MEDIOS DE FP

04/12/2014
A Deputación de Pontevedra ten previsto presentar unha proposta á OAPEE dentro do programa Erasmus+ para mozos recén titulados de ciclos medios de formación profesional da provincia de Pontevedra. O proxecto consiste na realización de prácticas en empresas do sector privado ou en organismos públicos europeos durante 6 meses, co fin de promover e completar a súa formación académica, impulsar a súa inserción laobral, facilitar a súa futura incorporación ao mercado de traballo e aumentar as súas competencias en linguas estranxeiras.

Por este motivo convócanse aso centros de FP con ciclos medios que queiran participar como entidade de envío dentro do proxecto que se presentará na convocatoria Eramus+2015.

 O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis info
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>