¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

CONVOCATORIA DE 198 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

22/12/2014
Publicado o día 22/12/2014 no BOPPO nº 246 as bases da convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en Concellos da provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Son requisitos, entre outros, os seguintes:
  • Estar en posesión do títulos esixido no Anexo I das bases, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007
  • Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xuño do ano 2014 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos
  • Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego
  • Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.
A dotación económica das bolsas, será de 800€ ao mes para os titulados universitarios e de 700€ ao mes para os tiutlados de ciclos superiores de formación profesional.

O prazo de presentación de solicitudes: ata o 11/01/2015.
Máis información: www.depo.es ou no tfno. 986 804 100

Bases da convocatoria
Solicitude

 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>