¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

OBRADOIRO INCUBADORA DE PROXECTOS

26/02/2015

O Concello do Porriño a través da súa OMIX  ten previsto levar a cabo o obradoiro “ Incubadora de proxectos” – programa formativo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Dito Obradoiro levarase a cabo o  vindeiro 26 de marzo , xoves,  ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro cultural Municipal.

Dito obradoiro  pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos, e  teñan inquietude en  presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil.

.-As prazas son limitadas.
.-Dito obradoiro terá dúas horas de duración.
.- Idade: dos 18 en adiante.
.-+ info: os interesados poderan anotarse facilitando o seu Nome, Apelidos, Idade, Dni e teléfono de contacto)
--------Na OMIX : Rúa Domingo Bueno, 9 – Centro Cultural Municipal do Porriño.
--------No teléfono: 986337624
------- Facebook: https://www.facebook.com/OmixOPorrino

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>