Accións Formativas dirixidas prioritariamente a traballadores Desempregados (AFD)





Que son?

Son accións formativas, públicas e gratuítas, organizadas polo Concello e financiadas pola Xunta de Galicia, co obxectivo de conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral das persoas desocupadas.
 

Para quen?

Prioritariamente para aos traballadores desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego.


Onde facer a solicitude?

As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego.