II Feirón do Emprego e a Formación do Porriño


O vindeiro 22 e 23 de novembro, o Concello do Porriño acollerá a súa segunda edición do Feirón do Emprego e a Formación, organizado pola Concellaría de Emprego en colaboración con diversas empresas e institucións.

O longo de dúas xornadas efectuarase unha posta en común de tódos aqueles aspectos que inciden no proceso de búsqueda de emprego, a efectos de lograr un maior achegamento entre desempregados e empresarios de distintos sectores establecidos na nosa comarca.

O desenvolvemento de dito foro incluirá ademais a celebración dunha Feria de Stands na que institucións, centros de formación e empresas interesadas darán a coñecer a súa oferta formativa e as súas políticas de reclutamento, recollendo in situ o currículum vitae de todas aquelas persoas interesadas.

Co obxecto de dar cabida a todas as empresas e institucións interesadas en participar na Feira de Stands, o prazo de inscripcións permanecerá aberto ata o 9 de novembro. Máis información no Tlf. 986 338 217.