¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Convocatoria de 34 bolsas para as oficinas de turismo municipais.

21/02/2013
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 15 de febreiro do ano 2013, acordou aprobar a convocatoria de 34 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra.

Para Porriño a bolsa terá tres meses de duración.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non
estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

-Posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou o de
Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas.
-Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de
solicitudes.
-Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a seis meses
na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector
público.
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.
-Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
Entre outros.

As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse en modelo oficial ANEXO I, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte a publicación de esta convocatoria BOP.

 
Máis información

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>