¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán

27/08/2015
 IN201G - Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán

Beneficiarios
:
Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens.
b) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.
c) Concellos

Para titulares de obradoiros artesanais, consideránse actuacións subvencionables:
a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.
A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.
Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a), serán subvencionables, ademais, os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.
O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar 7.000,00 euros, IVE excluído.

Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns, consideránse actuacións subvencionables:
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e conten cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.
Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.
b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.
Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

Réxime: concorrencia competitiva

Prazo: finaliza o 14 de setembro de 2015

+información:
- Sede electrónica Xunta
- Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>