¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

CURSO DE PRL NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

03/11/2015


O ISSGA, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral  organiza un curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola, con prácticas de manexo de tractor e os seus apeiros, en  O Porriño

 

MODALIDADE: gratuito

 

CONTIDOS DO CURSO:

  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais e  normativa relacionada. Organismos con competencias na materia. ISGGA. 1 hora
  2. Seguridade nos traballos agrícolas con máquinas agrícolas automotrices e remolques. Tractor, motocultor, tractocarro.Requisitos legais. A ITV. O ROMA. 3 horas
  3. Medidas de protección e prevención que se deben adoptar no manejo de apeiros. 2 horas
  4. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas. 2 horas
  5. Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. 2 horas
  6. Práctica de campo. Planificación do traballo. Operacións previas ( manuais, marcacións, vestimenta, EPI, revisión de pneumáticos, dispositivos de seguridade, transmisión e freos, iluminación, sinalización arrinque). Respostaxe. Estacionamento, circulación. Enganche e desenganche deapeiros. Fichas de evaluación de riscos ( 12 horas)



HORARIO:

O curso ten unha duración de 22 horas, abarca do 16 de novembro ao 20 de novembro

O horario do curso desenvolverase preferentemente a partir das 16.00 horas

LUGAR: O Porriño


Os datos relativos ao horario e  a dirección do local onde se imparirá  o curso, comunicarase aos seleccionados e poderase consultar antes da data de comezo do curso en:

 http://issga.xunta.es/portal/contido/actividade/actividade_037.html



PERSOAS DESTINATARIAS:

  • Persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade á  que se dirixe o curso.
  • Cumprir algunha das seguintes condicións:
    • Dirección particular no concello en que se imparte o curso ou nalgún dos concello incluídos nos plans de zona especificados no anexo III
    • Traballar na actualidade ou haber traballado nun centro de traballo con actividade á que se dirixe a formación situado en algún concello do plan de zona especificados no anexo III

Criterio de selección: 

As prazas asignaranse priorizando os seguintes colectivos:

  • Moz@s, entendo por tales as persoas ata 30 anos,
  • Mulleres
  • Persoas con cualificación persoal baixa ou con baixo nivel de estudos
  • Parados de longa duración, máis de dous anos en desemprego
  • Persoas con discapacidade, con grao de discapacidade  recoñecido = ou > ao 33%, sempre que sexa compatible coa formación e coa actividade á que se dirixe o curso.

No caso de que unha vez aplicada esta prioridade hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, as prazas asignaranse por orde de antigüidade na data de presentación de solicitude, sen prexuízo de que pode aumentarse o número de prazas



INSCRICIÓN

Os interesados deben enviar  por email a  info@prosem.es  ou por fax,  986 78 72 24:

A solicitude, cuberta e firmada, máis a seguinte documentación:

  • Copia do DNI
  • Copia do permiso de conducir
  • Documentos que acrediten a vinculación laboral co sector agrogandeiro:
    • Vida laboral , obrigatorio en caso de parados de longa duración
    • Contratos
    • Certificado de inscrición en rexistros do sector como REAGA, ROMA, etc
    • Autónomos: copia do recibo e declaración xurada conforme ten unha actividade agraria ou gandeira
  • Xustificación de que traballa ou traballou  en empresa en Plan de Zona, se non reside en Concello en Plan de Zona, contrato de traballo, certificado de empresa  ou documento similar que o xustifique
  • Xustificación colectivo prioritaria

Data limite de inscrición o 13/11/2015

 

+ información:

  • Porremprego, Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel. 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org 
  • ISSGA, tel. 986 783 582 y email: http://issga.xunta.es/portal/index.html 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>