¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

XORNADA: RECURSOS PARA O ACCESO AO EMPREGO

29/06/2017
O PROXIMO 7 DE XULLO  EN HORARIO DE 9:00-14:00 TERA LUGAR UNHA XORNADA NA NOSA CONCELLERÍA PARA TRATAR RECURSOS PARA O ACCESO AO EMPREGO 


Esta acción formativa ven enmarcada dentro dos servizos que promove a Concellería de Emprego e Formación do Porriño. Farase exposición dos recursos que ofrece a Concellería para a busca de emprego e dos acordos de colaboración coas empresas do entorno para a execución de programas formativos. 

O obxectivo é chegar á xente, para que cada vez sexan máis as porriñensas e os porriñenses que obteñen unha oportunidade a través da Concellería. Aproveitamos o encontro para que axentes institucionais, profesionais e especialistas no mercado laboral poidan aportar a súa visión sobre o acceso ao emprego e proporcionar ferramentas de utilidade para a toma de decisións laborais.

Contarase coa participación de poñentes do ámbito rexional así como de empresas do entorno partícipes nas accións da Concellería.

Aforo limitado, previa confirmación por teléfono. 

INSCRICIÓN 
Enviala a dirección ofertas.traballo@porremprego.org ou depositala nas nosas oficinas (Multicentro Torneiros)

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>