¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Información SEPE para persoas traballadoras

13/04/2020
Dado o estado de alerta por mor do Covid 19 o SEPE ten adoptadas a seguintes medidas para as persoas traballadoras segundo a situación na que se atopen.

1. Persoas que xa estaban cobrando unha prestación ou subsidio ou xa estaban inscritas como demandantes de emprego no SEPE cando se pecharon as oficinas:

- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
- NON se dará de baixa, ata o 30 de abril, ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
- NON se esixirá a acreditación da procura activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O persoal de orientación, poderá contactar para citas de seguimento telefónico.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os talleres de emprego e os programas integrados de emprego.
- NON hai que solicitar a prórroga do subsidio xa que se prorrogará automaticamente.
- NON se interromperá o pago dos subsidios por desemprego pola falta de presentación da Declaración Anual de Rendas (DAR) no caso de persoas beneficiarias do subsidio para traballadores/as maiores de 52 anos.

2. Persoas que non estaban inscritas como demandantes de emprego no SEPE:

a. Se é a primeira vez (para as persoas que nunca estiveron inscritas antes) ou para aquelas que o estiveran antes de 2005, precisan solicitar o alta inicial para poder tramitar unha prestación ou subsidio, acceder a unha oferta ou por estar afectadas por un ERTE, hai que cubrir un formulario a través da páxina web nesta ligazón https://bit.ly/2XjJUq7
Unha vez rexistrada a solicitude, a oficina de emprego contactará se o precisa para acabar de cumprimentar os datos necesarios.
Se xa existe unha demanda rexistrada, o mesmo programa o comunicará.

b. Se non é a primeira vez e precisan tramitar unha prestación ou subsidio hai que solicitar cita previa a través da páxina virtual do SEPE coma sempre, nesta ligazón https://bit.ly/2XhoXfF
e tamén é posible solicitar unha pre-solicitude de prestación individual por desemprego a través do seguinte formulario nesta ligazón https://bit.ly/2VcQ2Oe . De igual maneira podemos reactivar a demanda de emprego que estaba de baixa a través da oficina virtual na seguinte ligazón https://bit.ly/2JKfhSU

Persoas que estean afectadas por un ERTE por causa do Covid 19 será a empresa a que presente a solicitude e comunique ao SEPE a situación.

Persoas que teñen que facer outros trámites distintos ao descritos poden poñerse en contacto coa súa oficina telefonicamente ou por correo electrónico.

Preguntas máis frecuentes: https://bit.ly/2URPHBV

Toda a información na páxina web da Xunta de Galicia: https://bit.ly/2Rhl3zK

E na páxina do SEPE: https://bit.ly/2JJw3lc
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>