¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Curso teleformación para obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática CODIX.

02/06/2021
  • CODIX. Que é?

    A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

    Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.

  • Aberto o prazo de inscripción dende o xoves 3 de xuño ata o mércores 9 de xuño, inclusive.(https://cemit.xunta.gal/ema)
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>