¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Es produtor/a, transformador/a ou tes un punto de venda de produtos locais?

26/11/2020
Es produtor/a, transformador/a ou tes un punto de venda de produtos locais? Desde Eu Rural creamos un sitio web para concienciar á xente da importancia e os beneficios de consumir produtos locais de calidade e darlle visibilidade ao teu produto ou tenda. Deste xeito, poderemos facer un consumo consciente, e así axudar á economía de proximidade e evitar o éxodo ás grandes cidades. Queres formar parte deste proxecto? Se es produtor/a ou transformador/a nalgún destes concellos de Eurural: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño ou Tui… Ou se tes un punto de venda (en calquera localidade ou incluso online) onde vendes produtos destes concellos… Contacta con nós para incluír o teu produto ou punto de venda no noso web e chegar así a máis persoas: info@eurural.org Ou preme no web para máis información: https://partedeti.eurural.org/queres-formar-parte-deste-proxecto/ O futuro da nosa contorna está nas nosas mans.
 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>