¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

II Programa de aceleración de empresas do sector comercio, programa xurdido no 2020 a raíz da situación provocada pola COVID-19.

02/06/2021
 Un ano máis, SmartPeme e a Deputación de Pontevedra organizan o Programa de aceleración de empresas do sector comercio, programa xurdido no 2020 a raíz da situación provocada pola COVID-19.

Na primeira convocatoria prestouse apoio a 10 empresas, seleccionadas entre máis de vinte candidaturas. Realizáronse máis de 70 asesoramentos en total e, grazas aos bos resultados obtidos, a Deputación decidiu fomentar a continuidade do Programa con esta segunda edición.

A aceleradora de empresas está dirixida a pemes, persoas emprendedoras, empresarias, e autónomas da provincia de Pontevedra que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade.

 O Programa de aceleración seguirá un programa intensivo de titorías e obradoiros formativos impartidos polas persoas asesoras de SmartPeme.

As actividades do Programa de aceleración executaranse entre o 14 de xuño e o 15 de outubro.

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 7 de xuño ás 19.00 horas.

Para a presentación de solicitudes deberase entregar unha memoria de proxecto detallando o mesmo cunha extensión máxima de 5 páxinas.

Fai click aquí para inscribirte

Fai click aquí para consultar as bases

Quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida a través do correo info.smartpeme@depo.es , no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.

 Esperámosvos! 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>