Obradoiro de Emprego

Que é?

É un programa mixto de formación e emprego, público e gratuíto, promovido polo Concello e financiado pola Xunta de Galicia, dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, en actividades de utilidade pública ou interese social.





Cantas especialidades hai?

Dentro do Obradoiro de Emprego Val da Louriña III, hai tres especialidades en marcha: 
 
- Atención Sociosanitaria 
-  Xardinería
- Solar Térmica

 
Para quen?

Persoas desempregados e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia de vintecinco ou máis anos de idade.


Canto dura?

Este Obradoiro terá unha duración dun ano, dende o 30 de decembro do 2010 ata o 29 de decembro do 2011.


Onde facer a solicitude?

As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.