Plan integrado para o emprego

Que é?

É un programa, público e gratuíto, organizado polo Concello e subvencionado pola Xunta de Galicia, orientado a explorar novas alternativas de inserción laboral dos demandantes con especiais dificultades de acceso ao emprego.

 

Que servizos ofrece?

 

1.     Orientación laboral.

2.     Marketing de inserción dirixido ás empresas.

3.     Formación en competencias laborais que se axusten ás necesidades do mercado actual de traballo no noso municipio.

4.     Posibilitando prácticas laborais en empresas.

 

Para quen é?

 

Demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.