Premio Antonio Palacios a Innovación




Antonio Palacios


 
Que é?

Galardón promovido polo Concello, co fin impulsar a creación de empresas que incorporen ideas innovadoras en procesos, produtos, sistemas ou servizos capaces de contribuír á xeración de riqueza e emprego de calidade no municipio do Porriño.


Quen pode acceder?

Poderán participar emprendedores cunha idea ou un novo proxecto de actividade, válido e viable posto en marcha na localidade do Porriño.


En que consiste?

Os gañadores percibirán unha dotación económica así como un certificado expedido polo Concello que avalará a súa condición de galardoados na categoría correspondente:
 
- Primeiro Premio
- Segundo Premio
- Terceiro Premio
 

Como participar?

Presentando solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello nos termos e condicións establecidos nas súas bases reguladoras.

Bases Premio Antonio Palacios
Formulario Solicitude Premio Antonio Palacios