Axencia de colocación autorizada co nº 1200000055 polo Sistema Nacional de Emprego
  • Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de perruquería.

  • As nosas instalacións: aula de informática.

  • As nosas instalacións: aula de cociña.

  • As nosas instalacións: aula de cafetería.

PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217

ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 140/26 Carretillero/a Oferta activa
Carretillero/a Valladares, Vigo
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 09/11/2026
Procúrase unha persoa para realizar tarefas de almacén e loxística, incluíndo carga e descarga de camións e contedores, manexo de carretillas elevadoras e transpaletas eléctricas e manuais, manipulación e paletización de mercadorías diversas, así como preparación e organización de pedidos e materiais. Como requisito imprescindible, solicítase carné de carretilla elevadora en vigor. Valorarase experiencia previa en almacén e manexo de carretillas, aínda que non é imprescindible, xa que se ofrecerá formación interna. Ofértase incorporación inmediata, cunha contratación inicial a través de ETT durante un período de 3 a 6 meses e posterior incorporación á empresa mediante contrato indefinido. A xornada poderá adaptarse segundo a candidatura, sendo a necesidade principal para a quenda de tarde, con posibilidade de rotación semanal entre mañá e tarde. O horario de funcionamento é de luns a venres, entre as 06:30 e as 23:00 horas.
Oferta 141/26 Oferta activa
Camarero/a O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinida 09/11/2026
Procuramos 1 camareiro que reciba e atenda ós clientes con amabilidade, tome as comandas, sirva as comidas e bebidas. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: media, horario: case sempre de tarde.
Oferta 138/26 Oferta activa
Prospector/a laboral Ponteareas
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (interenidade) 03/11/2026
Procuramos 1 un prospector/a laboral que se faga cargo da prospección e captación de empresas, detección de ofertas de empleo, contacto e colaboración co tecido empresarial, sensibilización sobre a inclusión laboral, intermediación entre usuarios e empresas, asesoramento en materia de contratación, xestión de convenios e prácticas laborais, seguimento das insercións laborais e coordinación co equipo técnico para favorecer a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables. Data de incoporación: inmediata, duración do contrato: temporal (interenidade), xoranada laboral: continua. Requisitos: ter o Grado de psicoloxía, e ter o carné b.
Oferta 139/26 Oferta activa
Psicólogo/a Ponteareas
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Interinidade 03/11/2026
Procúrase un/ha psicólogo/a para cubrir unha vacante cunha incorporación inmediata. Ofértase un contrato de interinidade, cunha xornada laboral continua e unha retribución segundo o convenio colectivo aplicable. Como requisito imprescindible, solicítase estar en posesión do Grao en Psicoloxía e dispor de carné de conducir tipo B. Non é necesario contar con vehículo propio.
Oferta 130/26 Oferta activa
Operario de fábrica de transformación de granito O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal e indefinido 09/10/2026
Procuramos 1 operario/a para unha fábrica de transformación de granito, cuxas funcións principais serán a posta en marcha, o funcionamento, o control e a alimentación da maquinaria, así como o manexo e a supervisión da máquina de corte e dos equipos de elevación. Así mesmo, encargarase da supervisión do proceso produtivo e da realización das tarefas xerais propias do posto de operario/a de produción. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal + indefinido, duración del contrato: 6 meses + 6 meses + indefinido, xornada laboral: a quendas e horario: 06:00 - 14:00, e de 14:00 - 22:00. Requisitos: ter a titulación da E.S.O., e ter 18 anos ou máis.
Oferta 127/26 Oferta activa
Conductor/a de autobús O Porriño
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 05/10/2026
Procuramos 20 conductores de autobús para realizar servizos escolares, excursións e servizos discrecionais. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: fixo discontinuo, xornada laboral: partida, horario: 07:00 - 09:00 e 13:00 - 16:00. Requisitos: ter 1 ano ou máis de experiencia no posto e ter o CAP e tarxeta de tacografo.
Plan Municipal de Emprego
Acometemos un novo período polo fomento do emprego

Tres grandes áreas de traballo: desenvolvemento local, inserción laboral formación, dirixido a retornar a senda do crecemento, o emprego e a prosperidade da vila.

Autoemprego
Servizo de asesoramente a emprendedores (SAEP)

Servizo público e gratuíto, promovido polo Concello do Porriño, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.

Directorio de empresas
Empresas adscritas ao servizo de emprego de Porremprego

No directorio de empresas atópanse as empresas adscritas ao servizo de emprego do Concello de Porriño.
Se tes unha empresa e queres adscribirte, entra aquí.

Renovación de tarxeta
Renova a túa tarxeta de demandante de emprego do Concello

Para renovar a súa tarxeta previamente ten que haberse dado de alta na oficina de emprego do concello de Porriño, e debe ser renovada alomenos cada 3 meses.

Sube o teu video curriculum
Sube un vídeo explicativo do teu CV á nosa bolsa de emprego

Para poder subir o vídeo curriculum tes que estar dado de alta como usuario no servizo de emprego da Oficina Municipal de Emprego de Porriño. Inscríbete no servizo nesta mesma web.

Xera o teu curriculum
Axudámoste a redactar o teu curriculum vitae

Cubre os datos que te pedimos, selecciona a plantilla que desexas e descarga o documento xerado co teu curriculum vitae, listo para entregar nas túas solicitudes de emprego.