¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Convocánse as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

06/02/2013
Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.


Condicións das persoas aspirantes:
  • Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.
Prazo de inscrición: Entre o 18 e o 28 de febreiro e nos centros seguintes:
  • Centro EPA Río Lérez, Pontevedra
  • Centro EPA Berbés, Vigo
Máis información

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>