¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Bolsa de Emprego

Que é?

É un servizo municipal, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.


Que servizos ofrecemos?
 
- Orientación laboral para a búsqueda de emprego: información laboral, técnicas de busca de emprego, ofertas de emprego 
- Introducir o seu CV na base de datos que xestiona o centro.
- Recibir formación para o emprego

 
Para quen?

Para as persoas empadroadas no Concello do Porriño, cunha antigüidade de 6 meses, que queiran atopar ou mellorar o seu posto de traballo


Como acceder?

As persoas interesadas deben indicalo na Concellaría de Emprego, previa cita:

Multicentro de Torneiros. Ribeira, s/n
Teléfonos: 986 338 217 – 986 338 905
Email: administracion@porremprego.org
De luns a venres de 8:30h a 14: 30h