Programa EMEGA para o fomento do emprego feminino

Programa EMEGA para o fomento do emprego feminino en Galicia
Data de publicación
Axuda Data de finalización
14/07/2021 Liña Emprende: incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. Ata o 16/08/2021
14/07/2021 Liña Activa: incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora, no actual contexto económico. Ata o 16/08/2021
14/07/2021 Liña ITEF: incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. Ata o 16/08/2021
14/07/2021 Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Conciliapromotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea. Ata o 16/08/2021