¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Axudas do Igape para novos emprendedores convocatoria para 2021

08/01/2021
A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante(código de procedemento IG406F).
Serán subvencionables os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de inicio da súa actividade (primeira alta no IAE). Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente os autónomos que estivesen de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente posterior á dita baixa.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes: O día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Fin do prazo de presentación de solicitudes: 45 días naturais

Bases: DOG Núm. 4.-  Venres, 8 de xaneiro de 2021
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>