¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EMPRESAS TURÍSTICAS 2023

02/12/2022
Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B)
 Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:

a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.

b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto do Acordo do 29 de marzo de 2022.
 

 As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o día 30 de marzo de 2023, salvo que con anterioridade se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección da axencia.


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221202/AnuncioG0256-251122-0002_gl.html
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>