¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Convocatoria cursos de reciclaxe de socorrismo acuático da Academia Galega de Seguridade Pública 2024

28/02/2024
 RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2024. Non obstante, poderán inscribirse aquelas que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionadas no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será ata o 11 de marzo de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Bases:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240228/AnuncioO3C2-210224-0001_gl.html

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>