Programa do O Porriño Conecta Talento
-Relatorio sobre a oferta formativa da Universidade de Vigo-Sesión de coaching sobre entrevistas de traballo
-Talent Briefing
O Talent Briefing é un espazo dinámico no que as empresas participantes presentan de maneira breve e directa as súas necesidades reais de talento.
Durante a sesión, cada empresa expón os perfís profesionais que está a buscar, as competencias máis valoradas e as oportunidades de emprego dispoñibles. Este formato permite unha comunicación clara e directa entre empresas e asistentes, favorecendo a resolución de dúbidas e unha mellor comprensión das demandas do mercado laboral. Ademais, facilita que as persoas participantes identifiquen aquelas empresas coas que teñen maior afinidade e orienten a súa participación no evento.
-Networking
Espazo destinado á xeración de contactos, intercambio de información e identificación de oportunidades profesionais.
Obradoiro práctico sobre motivación e habilidades para a busca de emprego.
-Talent Pitch
O Talent Pitch é unha dinámica na que as persoas participantes presentan o seu perfil profesional nun formato breve e estruturado, normalmente de poucos minutos. Durante a intervención, cada persoa expón a súa traxectoria, as súas competencias clave, os seus intereses profesionais e o seu valor diferencial. Este formato permite poñer en valor habilidades como a comunicación, a capacidade de síntese e a iniciativa, ao tempo que facilita un primeiro contacto directo coas empresas participantes. Ademais, contribúe a dar visibilidade ao talento e pode servir como punto de partida para futuros procesos de selección.
-Conferencia inspiradora












