O Porriño Conecta Talento
![]() |
Conecta co teu futuro profesional O próximo 19 de maio, o Polideportivo Municipal do Porriño converterase nun gran punto de encontro para persoas con ganas de descubrir oportunidades, coñecer empresas, inspirarse e dar un paso máis no seu futuro profesional. Se buscas emprego, queres orientarte, descubrir novas opcións formativas ou simplemente entender mellor cara onde vai o mercado laboral, este evento é para ti. Ao longo do día poderás: • Coñecer máis de 50 empresas e entidades formativas • Descubrir oportunidades de emprego e formación • Participar en entrevistas con empresas • Asistir a relatorios e sesións inspiradoras • Aprender claves para mellorar a túa empregabilidade • Participar no Talent Pitch de ABANCA presentando o teu talento en 2 minutos • Crear contactos profesionais e ampliar oportunidades no noso espazo de Networking Un evento para ti Tanto se buscas emprego, orientación, formación ou novas oportunidades, O Porriño Conecta Talento é o lugar perfecto para conectar coas persoas, empresas e ferramentas que poden axudarte a avanzar. Porque ás veces unha conversa, unha idea ou un contacto poden cambiar o rumbo do teu futuro profesional. 19 de maio de 2026 Polideportivo Municipal do Porriño Entrada libre e gratuíta [Descargar programa completo] |



.jpg??20241008-1)









