Axencia de colocación autorizada co nº 1200000055 polo Sistema Nacional de Emprego
  • Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de perruquería.

  • As nosas instalacións: aula de informática.

  • As nosas instalacións: aula de cociña.

  • As nosas instalacións: aula de cafetería.

PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217

ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 156/25 Oferta activa
Auxiliar de axuda no fogar Salceda de Caselas
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal - interinidade 19/12/2025
Procuramos dúas persoas para o posto de asistente persoal (tarefas de aseo persoal, tarefas do fogar, acompañamento...). Posto de Interinidade a comezar o 26 de decembro. Xornada partida e salario segundo convenio. Valorarase positivamente a posesión de titulación relacionada coa atención sociosanitaria.
Oferta 154/25 Oferta activa
Oficial xardinería Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal - interinidade 17/12/2025
Procuramos unha persoa para o posto de oficial de xardinería para tarefas de mantemento de xardins, a cargo de equipo de persoas con discapacidade intelectual. Requisistos: experiencia laboral polo menos de 12 meses. Xornada laboral continua horario de 8:00 a 15:45h. Tipo de contrato: interinidade.
Oferta 152/25 Oferta activa
Operario/a loxística HOLANDA HOLANDA
Nº de postos: 15 | Tipo de contrato: Indefinido 16/12/2025
Procuramos 15 persoas para o posto de operario/a de producción en loxistica en HOLANDA. Unha empresa española con sede en Lelystad, Países Baixos, precisa persoal urxentemente para incorporación inmediata. O posto é nun almacén loxístico. As responsabilidades inclúen tarefas sinxelas como etiquetar, desembalar e colgar roupa, así como o manexo de carretillas elevadoras/equipos de envasado retráctil. Os coñecementos de idiomas non son esenciais, xa que o español é a lingua predominante que se fala nas instalacións. Tamén poden presentar a súa candidatura persoas cun Número de Identificación de Estranxeiro (NIE) español que teñan experiencia laboral previa en España. Xornada laboral completa. Valorable carne carretilleiro. Ofrecen aprox. 2.500/2.800€ + horas extra. Tipo de contrato: Indefinido.
Oferta 153/25 Oferta activa
Encargado/a de redes Consorcio Lour Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 16/12/2025
Procuramos unha persoa para o posto de encargado/a de redes Consorcio Louro, para realizar tarefas de supervisión e asignar persoal a reparacións, conexións de servizo e traballos de mantemento na rede de abastecemento de auga, saneamento e tratamento de augas residuais. Analizar as solicitudes de atención ao cliente, xa sexa persoalmente ou asignando a tarefa ao operador máis axeitado. Asegurarse de que o persoal baixo a súa supervisión dispoña dos recursos necesarios para realizar o seu traballo. Titulación requirida: Formación Profesional (FP) / Grao Medio / Técnico en Redes e Plantas de Tratamento de Auga Experiencia requirida: Mínimo de dez (10) anos de experiencia no posto e na xestión e mantemento de redes hidráulicas e mantemento de equipos electromecánicos. Carné de conducir. Coñecementos valorables: Curso básico de Prevención de Riscos Laborais (PRL), programación de PLC e formación en seguridade eléctrica.
Oferta 151/25 Oferta activa
Preparador/a laboral O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal - interinidade 12/12/2025
Procuramos unha persoa para o posto de preparador/a laboral para apoiar ás persoas na formación e empleo para persoas con discapacidade intelectual no posto de traballo, diseñando e executando accions individualizadas de intervención. Requisitos mínimos: Técnico en Integración Social, Grao en Educación Social ou similar, experiencia de 6 meses, carné de conducir B e coñecementos en Office . Tipo de contrato: interinidade. Xornada laboral completa, 38,5h/semana, L-V(9:00 a 17:15h variable por circunstancias dos usuarios)
Oferta 149/25 Oferta activa
Operario/a limpeza O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Interenidade 10/12/2025
Procuramos unha persoa para o posto de operario/a de limpeza para a limpeza de varias instalacións en Porriño e Mos. Requisitos: ter o CERTIFICADO DE DISCAPACIDADAE OU IPT e vehiculo propio. Xornada laboral partida, horas: 27,25 horas semanales, de luns a venres. Tipo de contrato: interinidade.
Oferta 148/25 Oferta activa
Auxiliar de servicios(Turno Diurno) O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 09/12/2025
Procuramos unha persoa para o posto de auxiliar de servizos (turno diurno), para realizar as tarefas de control de accesos, entrada e saída do persoal, atención de chamadas, dar acceso as instalacions, roldas polas instalación de comprobación de que as fiestras e as portas estean pechadas. Requisitos: estudos primarios, experiencia en tarefas similares polo menos de 6 meses, carné de conducir tipo B e vehículo propio. Xornada laboral: horario de luns a venres de 14h a 22h e fins de semana e festivos de 6h a 18h (plus festividad 0,22€/h aprox.). Incorporación 19/12/2025 e duración de 3 semanas. Salario segundo convenio 1.197,91€/m
Plan Municipal de Emprego
Acometemos un novo período polo fomento do emprego

Tres grandes áreas de traballo: desenvolvemento local, inserción laboral formación, dirixido a retornar a senda do crecemento, o emprego e a prosperidade da vila.

Autoemprego
Servizo de asesoramente a emprendedores (SAEP)

Servizo público e gratuíto, promovido polo Concello do Porriño, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.

Directorio de empresas
Empresas adscritas ao servizo de emprego de Porremprego

No directorio de empresas atópanse as empresas adscritas ao servizo de emprego do Concello de Porriño.
Se tes unha empresa e queres adscribirte, entra aquí.

Renovación de tarxeta
Renova a túa tarxeta de demandante de emprego do Concello

Para renovar a súa tarxeta previamente ten que haberse dado de alta na oficina de emprego do concello de Porriño, e debe ser renovada alomenos cada 3 meses.

Sube o teu video curriculum
Sube un vídeo explicativo do teu CV á nosa bolsa de emprego

Para poder subir o vídeo curriculum tes que estar dado de alta como usuario no servizo de emprego da Oficina Municipal de Emprego de Porriño. Inscríbete no servizo nesta mesma web.

Xera o teu curriculum
Axudámoste a redactar o teu curriculum vitae

Cubre os datos que te pedimos, selecciona a plantilla que desexas e descarga o documento xerado co teu curriculum vitae, listo para entregar nas túas solicitudes de emprego.