Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.
PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217
ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 138/26
Oferta activa
Prospector/a laboral O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (interenidade) 03/11/2026
Procuramos 1 un prospector/a laboral que se faga cargo da prospección e captación de empresas, detección de ofertas de empleo, contacto e colaboración co tecido empresarial, sensibilización sobre a inclusión laboral, intermediación entre usuarios e empresas, asesoramento en materia de contratación, xestión de convenios e prácticas laborais, seguimento das insercións laborais e coordinación co equipo técnico para favorecer a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables.
Data de incoporación: inmediata, duración do contrato: temporal (interenidade), xoranada laboral: continua.
Requisitos: ter o Grado de psicoloxía, e ter o carné b.
Oferta 139/26
Oferta activa
Asociación Avelaiña Ponteareas
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Interinidade 03/11/2026
Procúrase un/ha psicólogo/a para cubrir unha vacante cunha incorporación inmediata. Ofértase un contrato de interinidade, cunha xornada laboral continua e unha retribución segundo o convenio colectivo aplicable. Como requisito imprescindible, solicítase estar en posesión do Grao en Psicoloxía e dispor de carné de conducir tipo B. Non é necesario contar con vehículo propio.
Oferta 136/26 Operario/a de limpeza
Oferta activa
Operario/a de limpeza Mos
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 26/10/2026
Procúrase operario/a de limpeza para realizar tarefas de limpeza e mantemento das instalacións interiores dun pavillón deportivo e dunha piscina situados en Mos, aplicando os protocolos de limpeza adecuados a cada zona, incluíndo aseos, vestiarios, pistas e demais espazos das instalacións. Ofértase un contrato indefinido, cunha xornada laboral de 30 horas semanais e incorporación prevista para o 29 de outubro de 2026. O horario será de luns a sábado, segundo cuadrante, con quendas que poderán ser de mañá, aproximadamente de 6:00/7:00 a 12:00/13:00 horas, ou de tarde, de 15:00 a 21:00 horas. O salario será de 15.700 euros brutos anuais, distribuídos en 14 pagas. Valorarase a experiencia previa en tarefas de limpeza. Será requisito contar cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % e/ou cunha incapacidade permanente total (IPT).
Oferta 135/26
Oferta activa
Barnizador-lacador O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 23/10/2026
Procúrase barnizador/a-lacador/a de madeira para cubrir unha vacante. A persoa seleccionada encargarase de realizar tarefas de lacado e barnizado de pezas de madeira. Valorarase ter experiencia previa en postos similares. O contrato será indefinido, cunha incorporación inmediata e unha xornada laboral continua, en horario de 7:00 a 15:00 horas. A retribución será a establecida segundo o convenio da construción. Será necesario dispoñer de carné de conducir para desprazarse ata o lugar de traballo.
Oferta 130/26
Oferta activa
Operario de fábrica de transformación de granito O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal e indefinido 09/10/2026
Procuramos 1 operario/a para unha fábrica de transformación de granito, cuxas funcións principais serán a posta en marcha, o funcionamento, o control e a alimentación da maquinaria, así como o manexo e a supervisión da máquina de corte e dos equipos de elevación. Así mesmo, encargarase da supervisión do proceso produtivo e da realización das tarefas xerais propias do posto de operario/a de produción.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal + indefinido, duración del contrato: 6 meses + 6 meses + indefinido, xornada laboral: a quendas e horario: 06:00 - 14:00, e de 14:00 - 22:00.
Requisitos: ter a titulación da E.S.O., e ter 18 anos ou máis.
Oferta 127/26
Oferta activa
Conductor/a de autobús O Porriño
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 05/10/2026
Procuramos 20 conductores de autobús para realizar servizos escolares, excursións e servizos discrecionais.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: fixo discontinuo, xornada laboral: partida, horario: 07:00 - 09:00 e 13:00 - 16:00.
Requisitos: ter 1 ano ou máis de experiencia no posto e ter o CAP e tarxeta de tacografo.
Oferta 126/26
Oferta activa
Especialista en limpeza industrial Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 01/10/2026
Procuramos 1 especialista de limpeza industrial que se encargue dá limpeza de liña de pintura por electrodeposición, dá limpeza dá depuradora de augas industriais procedentes dá liña de de pintura, e dá limpeza de forno curado.
Data de incorporación: 05/11/2026, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: continua, horario: sábado e domingo (06.00 - 14.00).
Requisitos: carné profesional en traballos de altura e espazos confinados, recurso preventivo, experiencia valorable, e carné de conducir e vehículo propio
















