Ofertas de emprego
Oferta 98/26
Oferta activa
Comercial de seguros O Porriño
Nº de postos: 3 | Tipo de contrato: Indefinido 24/07/2026
Procuramos tres persoas para incorporaarse como Especialista Financeiro e Asegurador na Rede Axencial dunha multinacional española. As funcións principais consistirán na comercialización e venda de seguros financieiros dirixidos a particulares, autónomas/os, PYMES, e diferentes colectivos , proporcionando un asesoramento profesional adaptado ás necesidades de cada cliente. O posto está orientado a persoas con perfil comercial, iniciativa, habilidades de comunicación e negociación, capacidade para establecer relacións de confianza coa clientela e interese para desenvolver unha carreira estable no sector assegurador e financieiro. Non se require experiencia previa, aínda que se valorará positivamente, sendo imprescindiblecontar coa titulación mínima da E.S.O. A empresa ofrece incorporación a un proxecto estratéxico, formación inicial, un plan continuo de desnvolvemento profesional e estable, incluíndo a opción de dirixir unha oficina delegada da empresa no prazo aproximado de 2 anos. O contrato será mercantiil como axente exclusivo.
Procuramos un peón que supervise o sistema de carga e descarga dos camións mediante os controis habilitados, e faga a limpeza e mantemenemento das áreas de traballo.
Data de incorporación: 30/07, tipo de contrato: temporal, xornada laboral: continua, de luns a venres 07:00 - 15:00.
Requisitos: ter un certificado de discapacidade dun 33% ou máis, e ter carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 92/26
Oferta activa
Montador de vallas e portas metálica O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Indefinido 06/07/2026
Procuramos duas persoas que se encargaran da montaxe e instalación de portas de diferentes tipos, valados metálicos e reixas en obras e espazos exteriores, seguindo as especificacións técnicas da empresa. É imprescindible contar con coñecementos de carpintaría metálica e cerrallaría, así como experiencia no manexo de ferramentas e na realización de traballos en altura. Búscanse profesionais con experiencia previa no posto (3 anos), permiso de conducir tipo B e dispoñibilidade para desprazarse a distintos centros de traballo da zona. Ofrécese contrato indefinido e xornada partida.
Oferta 51/26
Oferta activa
Operario/a de alimentación O Porriño
Nº de postos: 3 | Tipo de contrato: Temporal 22/04/2026
Procuramos 3 operarios/as de alimentación para tarefas de envasado, empaquetado, etiquetado e manipulación de produtos en liña de produción. Incorporación 27/04/2026, duración 2-3 meses, turnos rotativos M/T. Requisitos: Experiencia no sector da alimentación (conservas, conxelados..) e valorable carné de manipulador de alimentos












