Convocatoria probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2025/26

1. Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións de forma conxunta.
b) Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superado os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.
c) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba que substitúe o requisito de titulación que se establece no anexo I desta resolución, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específicos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.
d) As persoas que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respecto de reclamación das cualificacións do curso 2024/25, deberán presentar, igualmente, a solicitude de inscrición no prazo establecido na instrución quinta da presente resolución, e poderán realizar a proba de acceso de carácter específico de grao medio. Unha vez resolta favorablemente a reclamación e obtido o título de graduado de educación secundaria obrigatoria, estas persoas poderán ser avaliadas da proba de carácter específico realizada.
e) A superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
f) A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
4º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
6º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
2. Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva; poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:
1º. Bacharelato.
2º. Título de técnico superior.
3º. Título universitario.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no parágrafo anterior, deberá ter 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e superar unha proba que substitúe o requisito de titulación que se establece no anexo II desta resolución. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización da proba.
c) A superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
d) A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
1º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
3º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
4º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes
1. A solicitude de inscrición, tal como indica o artigo 27.1 da Orde do 22 de xullo de 2021, presentarase na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo III. Os centros onde se realizarán as probas específicas constan no anexo IV.
Nas modalidades deportivas de fútbol e atletismo a solicitude presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica. Excepcionalmente, a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe e no IES As Barxas, indicando en cal dos centros do anexo IV o alumnado solicita realizar a proba.
O resumo do calendario das probas de acceso aos ciclos de grado medio e superior especifícanse no anexo V.
2. O prazo de inscrición na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 25 de xuño de 2025, ambos incluídos.
3. O prazo de inscrición na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 16 de maio de 2025, ambos incluídos.
4. Para tal fin, os centros docentes deberán expoñer nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:
a) Normativa reguladora do procedemento de inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas.
b) Calendario de publicación da listaxe provisional e definitiva de solicitudes admitidas e excluídas, os motivos de exclusión, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e procedemento para formalizar a matrícula.
5. Os centros docentes facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo de solicitude de inscrición para a realización das probas.
6. Á solicitude de inscrición achegarase a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.
b) Orixinal da solicitude de inscrición conforme o modelo facilitado polo centro docente.
c) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño, salvo en caso de estar exento/a do pagamento.
d) En caso de bonificación ou exención no pagamento do prezo público, documento que o acredite.
e) Certificación académica en que conste o expediente académico e/ou depósito dalgún dos seguintes títulos:
1º. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou título de bacharelato (ou títulos declarados equivalentes para os efectos académicos), ou certificación académica en que figure que se realizou o depósito do correspondente título.
2º. Título de técnico superior.
3º. Título universitario.
f) Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e en que figure que se realizou o depósito do correspondente título.
g) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación, para o acceso ao ciclo medio ou superior das ensinanzas deportivas.
h) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño.
i) Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior (parte común) de formación profesional.
j) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
k) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
l) Resolución do órgano competente en materia de deporte pola que se acredita a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
m) Certificado de méritos deportivos expedido pola federación española ou autonómica correspondente.
n) Para titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase a declaración responsable para a inscrición condicionada, tal como se establece na Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
ñ) Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade.
7. As persoas solicitantes da exención da realización da proba que substitúe o requisito de titulación por superar totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos poderán quedar total ou parcialmente exentas de realizar esta proba, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, polo que deberán achegar o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
8. As persoas solicitantes que deban realizar a proba que substitúe o requisito de titulación farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición. No caso de non superar a dita proba, non serán admitidas na proba de carácter específico.
Publicación das listaxes de inscrición
1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o día 16 de maio de 2025 para as persoas aspirantes que se presenten á proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior, ou o 25 de xuño de 2025 para o resto das persoas aspirantes, os centros onde se realice a inscrición enviarán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, a través do correo electrónico sereap@edu.xunta.gal, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso, na cal deberá constar expresamente o cumprimento na presentación da documentación necesaria, así como as persoas que alegan mérito deportivo, e as que solicitan exención das probas ou adaptación destas por ter algunha discapacidade.
2. As solicitudes que aleguen mérito deportivo, soliciten exención ou adaptación de probas, xunto coa documentación achegada, serán obxecto de valoración por parte do tribunal avaliador; para tal efecto, as ditas solicitudes serán enviadas polos centros ao/á presidente/a do tribunal da proba correspondente o día seguinte ao da finalización do prazo de inscrición en formato pdf.
3. A relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso a grao superior será exposta o día 20 de maio de 2025, mentres que a relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e nas probas específicas será exposta o 26 de xuño de 2025 nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas con méritos deportivos, as declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente, as persoas con probas adaptadas (coas siglas PAC), así como as persoas excluídas nestas probas e os motivos da súa exclusión.
4. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude os días 21 e 23 de maio de 2025 para as persoas aspirantes ás probas de requisito de titulación para o acceso ao grao superior, e os días 27 e 30 de xuño para o resto de persoas aspirantes. Unha vez resoltas as ditas alegacións, os centros enviarán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, a través do enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal, a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
As alegacións á relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas entenderanse resoltas e notificadas coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
5. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior será exposta o día 26 de maio de 2025, mentres que a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e nas probas específicas será exposta o 2 de xullo de 2025 nos taboleiros de anuncios do interior dos centros onde se realizou a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal
Probas específicas de acceso
1. As probas de acceso de grao medio de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, terán lugar:
a) Na modalidade de fútbol sala, no CIFP A Farixa (rúa das Laxas, s/n, Ourense), o día 15 de xullo, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de fútbol, no CIFP Universidade Laboral (rúa Salvador Allende, s/n, Culleredo), o día 16 de xullo, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón Campo Fútbol Manolo Barreiro 1 (antigo campo da Xunqueira) rúa Celso Emilio Ferreiro, 888 (Pontevedra), o día 17 de xullo, ás 9.30 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
c) Na modalidade de balonmán, no IES Sánchez Cantón pavillón multiúsos da Xunqueira (rúa Celso Emilio Ferreiro, 1ª travesía, Pontevedra), o día 17 de xullo, ás 12.00 horas.
d) Na modalidade de baloncesto, no CIFP Fontecarmoa (rúa Fontecarmoa, 93, Vilagarcía de Arousa), o día 17 de xullo, ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de vela, nas instalacións do Centro Galego de Vela (rampla Cavadelo, s/n, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), o día 17 de xullo, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.
f) Na modalidade de atletismo, no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (avenida Ramón Ferreiro, 2, Lugo), o día 18 de xullo, ás 10.00 horas.
2. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional por ser o centro directivo habilitado para coordinar estas probas e os seus criterios de avaliación.
3. O anexo V especifica o calendario completo das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior.
4. Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva
Bases DOGA Nº 86 de 30/04/25