Aberto prazo de inscrición para cursos do Concello do Porriño

O Concello do Porriño pon en marcha o Plan de formación municipal para o ano 2021 abrindo prazo de inscripción para os seguintes cursos que se van realizar no mes de setembro:
- Estacións de servizo
- Manipulador/a de alimentos
- Mozo/a de almacén
- Búsqueda activa de emprego (BAE)
- Básico de limpeza industrial
- Electromecánica básica
Requisitos: estar empadroado/a no Concello do Porriño e estar desempregado/a. Deberán acreditarse documentalmente (volante de padrón ou similar, tarxeta demandante de emprego ou similar).
As solicitudes presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Porriño mediante o modelo oficial, debendo cubrir unha solicitude por curso.
No mes de setembro publicarase as datas de inicio dos cursos, as quendas, a súa duración e a listaxe de persoas admitidas.
Para máis información chamar ao teléfono 986 33 82 17
Modelo oficial solicitude