Convocatoria bolsas Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028

Requisitos das persoas solicitantes
1. Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.
2. Ter nacido en Galicia e estar nacionalizado/a nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases.
3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade:
i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español.
ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalen ao título de grao.
Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión; a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster, non se require que estean homologados.
4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).
Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B2. Esta capacidade acreditarase mediante unha das dúas opcións seguintes:
a) A realización dun exame en que os aspirantes deberán demostrar, como mínimo, nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
b) Achegar algún dos certificados de idioma inglés relacionados no anexo II destas bases, sempre que este teña menos de tres anos de antigüidade na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
5. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.
6. Non ter desfrutado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas con posterioridade ou lles fose determinado un incumprimento total. Non ter desfrutado con anterioridade dunha bolsa doutro organismo o institución nacional ou estranxeira relacionada coa internacionalización empresarial.
7. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario electrónico a declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Achegar declaración responsable de data posterior da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.
Non ter antecedentes penais, nin estar incurso/a en causa penal con medidas cautelares que poidan impedir o normal desenvolvemento da bolsa, mentres non se emite sentenza firme, do cal se deberá informar o Igape. De non ser absolutoria, producirá a perda da bolsa e a devolución dos importes percibidos, de ser o caso. A declaración debese cubrir no formulario electrónico de solicitude.
A duración da bolsa establécese nun máximo de once (11) meses, contados desde xaneiro a decembro de 2027, prorrogables, se é o caso, por petición da persoa bolseira, por un máximo de once (11) meses adicionais e sen exceder nunca o 30 de decembro de 2028, en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa comezase ou estivese a piques de comezar.
Condicións da prórroga:
– Informe favorable do titor da persoa bolseira.
– Dispoñibilidade de destino.
– Dispoñibilidade orzamentaria.
En caso de prórroga, a dotación adaptarase proporcionalmente segundo a súa duración e o destino asignado.
O importe máximo de dotación por persoa bolseira é de 55.500 € por un período de once (11) meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estadía en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención detraeranse a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade Social aplicables segundo a lexislación vixente.
Considéranse incluídos dentro do importe da dotación da bolsa –e dentro do límite máximo dos 55.500 €– todos os gastos en que teña que incorrer a persoa bolseira para o seu desenvolvemento.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260707/AnuncioO92-230626-0002_gl.html












