Talent Hub

 Talent Hub

Conecta directamente coas oportunidades

Queres coñecer empresas, descubrir ofertas ou facer entrevistas?

O Talent Hub será o espazo no que empresas, entidades formativas e persoas asistentes poderán conectar directamente nun ambiente dinámico, próximo e cheo de oportunidades.

Ao longo da xornada poderás visitar stands informativos, resolver dúbidas, descubrir novas opcións formativas e coñecer de primeira man o que buscan actualmente as empresas.

Un punto de encontro entre talento e empresas

No Talent Hub participarán empresas, universidades, centros de formación e entidades de diferentes sectores que compartirán información, oportunidades e orientación profesional.

Aquí poderás:

- Descubrir ofertas de emprego e formación
- Coñecer os perfís máis demandados
- Resolver dúbidas directamente coas empresas
- Acceder a entrevistas profesionais
- Crear contactos e ampliar oportunidades

Entrevistas con empresas

Aproveita a oportunidade de realizar unha entrevista coas empresas participantes. Coñece os procesos de selección abertos e descubre aquelas oportunidades que mellor encaixen co teu perfil profesional.

Pide cita no stand de Porremprego a partir das 9:30 h.

Unha ocasión para darte a coñecer, conectar directamente coas empresas e dar o primeiro paso cara a novas oportunidades laborais.

Consulta as ofertas dispoñibles (PROXIMAMENTE)

Envío de candidaturas mediante QR

Trae o teu CV en formato PDF no móbil ou dispositivo electrónico para poder envialo facilmente ás empresas participantes escaneando os códigos QR habilitados en cada stand.

Se precisas axuda durante o proceso, achégate ao stand de Porremprego.

Horario Talent Hub

Mañá

09:30 h – 14:00 h

Tarde

16:00 h – 19:30 h

Un espazo para descubrir o teu próximo paso

Porque ás veces unha entrevista, unha conversa ou un primeiro contacto poden abrir o camiño cara ao teu próximo reto profesional.

“O teu talento en 2 minutos”


Tes 2 minutos para destacar o mellor de ti.

Nun formato dinámico e directo, poderás presentar o teu perfil diante de profesionais de selección de ABANCA e mostrar as túas habilidades, motivación e potencial profesional.

Unha oportunidade real para dar visibilidade ao teu talento.

Se queres participar, envía previamente o teu currículo a: conecta.talento@oporrino.org

Emilio Duró

“Vivir con sentido, optimismo e esperanza”

Se algunha vez sentiches dúbidas sobre o teu futuro profesional, falta de motivación ou incerteza ante os cambios, esta conferencia é para ti.

Emilio Duró, un dos relatores máis recoñecidos no ámbito da motivación e o desenvolvemento persoal, chegará a O Porriño Conecta Talento cunha sesión chea de enerxía, reflexión e ferramentas para afrontar os retos profesionais doutra maneira.
Falaremos de actitude, confianza, adaptación ao cambio e da importancia de manter a motivación incluso nos momentos máis difíciles.

Porque buscar oportunidades tamén require crer en ti, recuperar impulso e mirar o futuro con outra perspectiva.

Un espazo para impulsar o teu futuro

Se queres descubrir novas oportunidades, inspirarte con historias reais e levarte ideas e ferramentas que poidan axudarche no teu futuro profesional, o Foro de Experiencias está pensado para ti.