• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega

Convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega

13/07/2026
Consello da Cultura Galega
 RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Solicitudes

a) Para poder ser persoa beneficiaria das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo V desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base reguladora 6.

b) As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos na base 5 da convocatoria.

 

Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

 

Información ás persoas interesadas

a) Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional, a través dos seguintes medios:

– Sede electrónica da Xunta de Galicia (https:sede.xunta.gal).

– Páxina web oficial do Consello da Cultura Galega: http://www.consellodacultura.gal

– Teléfono 981 95 72 02 ou enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal

– Presencialmente: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar; praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela.

b) Para dúbidas referidas a dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.gal

Enlace bases:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260710/AnuncioO111-300626-0001_gl.html

 

AnteriorIr ao listado