• Inicio
  • Novas
  • Aberto prazo para realizar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do ...

Aberto prazo para realizar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026

06/03/2026
 ORDE do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e convócanse para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D). Obxecto e ámbito de aplicación Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026. Finalidade e persoas destinatarias 1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes a efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursar con aproveitamento estes ensinos. 2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes a efectos de acceso, a posibilidade de continuar formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madurez e a idoneidade suficientes para cursar con aproveitamento estes ensinos. Proba de acceso a grao medio, requisitos das persoas participantes Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezasete anos ou os cumpran no ano natural de celebración da proba. Proba de acceso a grao medio, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025-26. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026, ambos os incluídos. Proba de acceso a grao medio, presentación de solicitudes 1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/paxinainicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal). 2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/paxinainicio.do), que xerará un documento en formato PDF correspondente ao formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais. 3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso. Proba de acceso a grao superior, requisitos das persoas participantes Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezanove anos ou os cumpran no ano de realización da proba. Proba de acceso a grao superior, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 16 e 26 de marzo de 2026, ambos os incluídos. Proba de acceso a grao superior, presentación de solicitudes 1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/paxinainicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal). 2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/paxinainicio.do), que xerará un documento en formato PDF correspondente ao formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. 3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Máis información :

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260306/AnuncioG0761-250226-0001_es.html

Información e orientación sobre as probas de acceso Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estes ensinos, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

 

AnteriorIr ao listadoSeguinte