Bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2026/27, fóra do ámbito do programa Erasmus

1. Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2026/27 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
b) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia).
c) Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.
d) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.
O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2026/27.
As axudas concederanse para estadías dun mínimo de tres (3) meses completos. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.700 euros para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260703/AnuncioG0761-230626-0002_gl.html












