Axencia de colocación autorizada co nº 1200000055 polo Sistema Nacional de Emprego
  • Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de perruquería.

  • As nosas instalacións: aula de informática.

  • As nosas instalacións: aula de cociña.

  • As nosas instalacións: aula de cafetería.

PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217

ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 131/26 Oferta activa
Montador de neumáticos O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 19/10/2026
Procuramos 1 persoa que se encargue de montar os neumáticos nun taller. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal (3 meses), horario: 16:00 - 20:00.
Oferta 133/26 Oferta activa
Peón construción O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal 15/10/2026
Procúranse dúas persoas como peóns de obra para realizar tarefas de apoio nos traballos de construción. As persoas seleccionadas colaborarán nas distintas tarefas propias da obra, coa oportunidade de aprender e adquirir experiencia no sector. Valórase especialmente as ganas de traballar, interese por aprender e disposición para colaborar co equipo. A incorporación será inmediata e o contrato será temporal, vinculado á duración da obra, cunha duración estimada de entre 3 e 6 meses. A xornada será continua e o salario axustarase ao convenio colectivo correspondente.
Oferta 130/26 Oferta activa
Operario de fábrica de transformación de granito O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal e indefinido 09/10/2026
Procuramos 1 operario/a para unha fábrica de transformación de granito, cuxas funcións principais serán a posta en marcha, o funcionamento, o control e a alimentación da maquinaria, así como o manexo e a supervisión da máquina de corte e dos equipos de elevación. Así mesmo, encargarase da supervisión do proceso produtivo e da realización das tarefas xerais propias do posto de operario/a de produción. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal + indefinido, duración del contrato: 6 meses + 6 meses + indefinido, xornada laboral: a quendas e horario: 06:00 - 14:00, e de 14:00 - 22:00. Requisitos: ter a titulación da E.S.O., e ter 18 anos ou máis.
Oferta 129/26 Oferta activa
Auxiliar axuda no fogar Salceda de Caselas
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 08/10/2026
Procuramos 1 auxiliar de axuda no fogar que sexa a responsable de prestar apoio no aseo e no levantamento da persoa usuaria, así como de facilitar a realización das actividades básicas da vida diaria, promovendo, na medida do posible, a súa autonomía e benestar. Tamén prestará apoio nas tarefas relacionadas coa alimentación e colaborará na realización das tarefas domésticas básicas necesarias para manter un contorno adecuado, seguro e confortable. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal, horario: os fins de semana. Requisitos obrigatorios: ter o carné de conducir e vehículo propio. Requisitos valorables: posuir o certificado de profesionalidade.
Oferta 127/26 Oferta activa
Conductor/a de autobús O Porriño
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 05/10/2026
Procuramos 20 conductores de autobús para realizar servizos escolares, excursións e servizos discrecionais. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: fixo discontinuo, xornada laboral: partida, horario: 07:00 - 09:00 e 13:00 - 16:00. Requisitos: ter 1 ano ou máis de experiencia no posto e ter o CAP e tarxeta de tacografo.
Oferta 126/26 Oferta activa
Especialista en limpeza industrial Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 01/10/2026
Procuramos 1 especialista de limpeza industrial que se encargue dá limpeza de liña de pintura por electrodeposición, dá limpeza dá depuradora de augas industriais procedentes dá liña de de pintura, e dá limpeza de forno curado. Data de incorporación: 05/11/2026, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: continua, horario: sábado e domingo (06.00 - 14.00). Requisitos: carné profesional en traballos de altura e espazos confinados, recurso preventivo, experiencia valorable, e carné de conducir e vehículo propio
Oferta 123/26 Oferta activa
Operario/a de Xestión de Residuos O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Eventual, posibilidad de indefinido 17/09/2026
Procúrase unha persoa para desempeñar o posto de Operario/a de Xestión de Residuos con Carretilla para traballar nunha industria situada en Vigo. A persoa seleccionada realizará tarefas de recollida e clasificación de residuos nas diferentes áreas do centro, así como o traslado e disposición dos mesmos mediante carretilla elevadora. Ofértase un contrato eventual con posibilidade de ampliación e incorporación posterior ao cadro de persoal, a xornada completa, de luns a venres e en quendas rotativas de mañá, de 06:00 a 14:00 horas, ou de tarde, de 14:00 a 22:00 horas. Requírese estar en posesión do carné de carretillero/a, dispoñer de vehículo propio para acudir ao centro de traballo, contar con dispoñibilidade para incorporación inmediata e para realizar tarefas que impliquen esforzo físico, así como residir en Vigo ou localidades próximas. É requisito imprescindible contar cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % ou cunha Incapacidade Permanente Total (IPT).
Plan Municipal de Emprego
Acometemos un novo período polo fomento do emprego

Tres grandes áreas de traballo: desenvolvemento local, inserción laboral formación, dirixido a retornar a senda do crecemento, o emprego e a prosperidade da vila.

Autoemprego
Servizo de asesoramente a emprendedores (SAEP)

Servizo público e gratuíto, promovido polo Concello do Porriño, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.

Directorio de empresas
Empresas adscritas ao servizo de emprego de Porremprego

No directorio de empresas atópanse as empresas adscritas ao servizo de emprego do Concello de Porriño.
Se tes unha empresa e queres adscribirte, entra aquí.

Renovación de tarxeta
Renova a túa tarxeta de demandante de emprego do Concello

Para renovar a súa tarxeta previamente ten que haberse dado de alta na oficina de emprego do concello de Porriño, e debe ser renovada alomenos cada 3 meses.

Sube o teu video curriculum
Sube un vídeo explicativo do teu CV á nosa bolsa de emprego

Para poder subir o vídeo curriculum tes que estar dado de alta como usuario no servizo de emprego da Oficina Municipal de Emprego de Porriño. Inscríbete no servizo nesta mesma web.

Xera o teu curriculum
Axudámoste a redactar o teu curriculum vitae

Cubre os datos que te pedimos, selecciona a plantilla que desexas e descarga o documento xerado co teu curriculum vitae, listo para entregar nas túas solicitudes de emprego.